Algas no menú

COLONIA PERDIDA – CAPÍTULO 35

Fragmentos do audio-diario de Mei Wen, buscavidas e ciddá da colonia dual de IE, no cadrante 3 do Cinturón de Asteroides do Sistema Faraway.


Episodio anterior: A factura de Industrias Hellstrome

  • Ás veces tes que facer cousas cuestionables para gañar a vida. Máis alá de comer, claro. En IE tes garantidas as racións mensuais da tripla A, algas, auga e aire, suficientes para non morrer de fame. Pero se non traballas en investigación, enxeñería ou almacenaxe, non tes gran cousa que facer aquí. Estou desexando largarme, e para iso preciso a tripla C: créditos, créditos, créditos.
  • As oportunidades chegan para quen está atenta a collelas. Ese caixón de mercadoría que falta no inventario, ese combustible que non entra no contador, ese traxe espacial que falta do armario… E ese turista perdido no espazo-porto que precisa guía. Unha boa emprendedora sempre está disposta a colleitar.
  • Este grupo que acabo de recibir parece que me soa de algo. Tres humanos e unha anouk, todas elas con andares de quen leva moito tempo vivindo en baixa gravidade. Cheiran a… oportunidade. Levareilles a comer ao posto de algas de Han-Cho (que me paga comisión) e vouno mirar con calma.
  • Claro que me soaban! Son a tripulación da Frijolito, saen moito nos foros de noticias ultimamente… e alguén estivo a preguntar por eles aquí mesmo, en IE. Alguén disposto a pagar unha recompensa que non me viría nada mal para un par de proxectos que teño en mente. Semella un asunto perigoso, pero o éxito é de quen se arrisca.
  • Puxen a orella e fixen unhas cantas preguntas. A capitá da Frijolito, Jack Williams, parece ter uns cantos vellos coñecidos entre a comunidade de ex-reapers que temos aquí. Están a falar con Harry Easter, o almacenista, e mesmo co administrador Gus Janssen.
  • Seica queren establecer unha ruta para o comercio das algas de IE en Rochafurada, agora que o bloqueo da EXFOR está a complicar os envíos de alimentos desde o planeta Banshee. É unha idea excelente, teño que conseguir unha nave e copiarlla.
  • Pois seica non chegaron a mal trato con Janssen, 9 créditos a ración de algas, +10% de impostos. Estou seguro de que poderán vendelo a moito máis en Rochafurada… Definitivamente cos cartos da recompensa teño que quedar eu co negocio.
  • Non teño moi claro o que facía esta xente en Banshee. Os Reapers. Temos uns cantos en IE, son case un lobby. As historias din que eran unha especie de terroristas sanguinarios que mataban pola fin do coloniamismo ou algo así. Pero o administrador Janssen e a súa xente son máis ben eruditos e listillos. Agora, a capitá Jack esta si que ten pinta de non aturar moitas bromas…
  • Non, non e tempo de collerlle medo. E o tipo que da recompensa pola mecánica do grupo, a tal Lupita, é ainda peor. Chámanlle Gabriel, un psicotrónico da EXFOR, desertor e pirata. Nada do que se conta del é bo. E agora xa teño que pechar o trato.
  • Listo. Xa esta feito, Mei. Levaches a esta tropa ao almacén que che dixo o psicotrónico. E os créditos acaban de entrar quentiños na conta. Suficientes para un bo negocio. Deixarei que a cousa arrefríe uns días e proporeille ao administrador retomar a ruta comercial con Rochafurada. Os negocios, son os negocios.
  • Porque… Non… Non hai posibilidade de que os da Frilojito saian vivos do encontro con Gabriel. É o momento de pensar no futuro e emprender cara unha nova vida.

Rexistros sonoros da grabadora de man de Mei Wen
Cidadá de IE, desempregada sen ingresos fixos
Incorporado ao informe 3457/2097 — Ano 16 desde a caída do Túnel

Episodio seguinte: O suceso violento que aconteceu no almacén secundario 35b


Aventura propia ambientada nunha versión xa moi alternativa de Deadlands: Colonia Perdida, xogo publicado en castelán por HT Publishers

Deja un comentario