Queima no reactor

COLONIA PERDIDA – CAPÍTULO 38

Filtración do informe de batalla da Unidade de Asalto Wolverine-IE por parte da Forza Expedicionaria da ONU, desde o cruceiro ‘Folerpa’. Alto secreto.


Episodio anterior: Confluencia inoportuna de vellos contactos

Misión: Asalto cirúrxico á colonia tecno-agrícola de IE.

Obxectivo: Conquista da estación co mínimo dano. Control da produción de algas alimenticias e do seu subministro.

Recursos: Seis unidades Wolverine e 20 marines de liña.

Plan: Infiltración de unidades Wolverine dentro da nave mercante pilotada pola capitá Cori Johnson. Toma de control do reactor da base e redución da enerxía a niveis mínimos, mantendo a produción de aire a niveis capaces de manter a vida, pero non a conciencia. Captura de insurxentes e establecemento dun goberno da EXFOR en IE.

Apoio: O valor do recurso é alto. Mobilizar ao cruceiro Folerpa como escolta, con dous batallóns completos.

PRIORIDADE MÁXIMA


Extracto de conversa de radio entre a Unidade Wolverine-3 e a capitá Johnson

Armadura potenciada Wolverine

— ¡Nos dijeron que estas armaduras solo las penetraba la munición pesada, joder! ¡Esto es una mierda!
— Cálmese, Wolverine-3. Detalle lo ocurrido.
— ¡Se nos han colado cuatro tipos! Y han reventado a Kowalski y Trelawney.
— ¿Unidades militares? ¿Hellstrome?
— ¡No, cuatro espantajos! ¡Pero joder! Tenían una francotiradora anouk ninja, que nos masacró desde arriba. Un negrazo con un hacha que abrió a Kowalski como una lata de sardinas ¿Un hacha es munición pesada, capitana?
— Céntrese, 3. ¿Quién más había?
— Una panchita. Parecía hecha mierda pero… pero era una desguazadora de esas. Creí que estaban todos muertos, joder. Soltó un chorro de nanomierda y convirtió a Trelawney en una mancha de humedad. Y había otra pava.
— ¿Quién?
— Unha con un gorro vaquero, parecía la que mandaba.
— Joder, Williams. Te dije que te largases.

Informe preliminar de misión

  1. A primeira parte do plan desenvolveuse impecablemente. O atraque da nave Bósforo coas unidades camufladas non foi detectado ata que xa non se puido impedir.
  2. As armaduras potenciadas Wolverine despregáronse coa mínima resistencia, con apoio das tropas regulares.
  3. O grupo 1 dirixiuse rapidamente ao reactor e fíxose co control. O grupo 2 tomou as plataformas de atraque de naves.
  4. Durante o hackeo do reactor para o control da enerxía e o subministro de aire, apareceu resistencia inesperada.
  5. Un grupo rogue sen identificar acoplou unha lanzadeira aos túneles de mantemento e accedeu ao reactor.
  6. Pese a tratarse de civís, demostraron recursos moi por enriba do común e neutralizaron dúas das tres unidades Wolwerine.
  7. Misión comprometida. Continuamos controlando os hangares do espazo porto, pero o nivel de perigosidade pasa a ser descoñecido.
  8. Recomendación: Mobilizar as tropas do cruceiro Folerpa

Episodio seguinte: A caída da Folerpa


Aventura medio propia ambientada nunha versión xa moi alternativa de Deadlands: Colonia Perdida, xogo publicado en castelán por HT Publishers

Deja un comentario